A Deputación da Coruña recoñece o traballo das redeiras como “colectivo imprescidible para a pesca galega”, entre elas ás de Porto do Son

21 Outubro 2023

A deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou esta noite na cidade da Coruña no acto organizado pola Federación Galega de Redeiras “O Peirao” para reivindicar, visibilizar e recoñecer o traballo deste colectivo de mulleres profesionais do mar.

No acto, Rosa Ana García destacou “o importante traballo que desenvolven as mulleres no mundo do mar, un labor moitas veces pouco visible, pero fundamental para un sector estratéxico en Galicia que é o sustento de miles de familias”, apuntou.

A deputada puxo tamén en valor as medidas postas en marcha polo Goberno de España para facilitar a xubilación anticipada deste colectivo e participou na entrega de recoñecementos a redeiras xubiladas das asociacións de Cangas, Cariño, Cedeira, Malpica e Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...