A Deputación da Coruña destinará 566.386,78 euros a subvencionar 33 festivais (7 da nosa comarca)

23 Outubro 2023

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña aproba a concesión de 566.386,78 euros para subvencionar a 33 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades locais de toda a provincia durante o ano 2023.

Este apoio por parte da entidade provincial enmárcase no obxectivo do departamento de Cultura de promover os festivais como vehículo de difusión da cultura galega entre os públicos máis novos. “Para nós é fundamental promocionar este tipo de iniciativas que non so reivindican a cultura nas súas diferentes expresións, senón que, ademais, celebran a diversidade e contribúen á creación de riqueza socioeconómica na nosa contorna” destaca a delegada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez.

En 2022 accederan a esta liña de subvencións 24 festivais organizados polos concellos e entidades locais, que recibiran 549.993,17 €.

A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 23 de outubro e poden consultarse e descargarse na ligazón específica habilitada.

Na listaxe inclúense (provisionalmente) o Festival Rock In Rian de Rianxo (con 6.000,00€ concedidos); a Festa da Dorna (con 20.000 euros provisionais); as Carrilanas de Esteiro (con 30.000,00€); o Festival Mares da Fin do Mundo, en Outes (20.000,00€); o Titiribeira de Rianxo (con 25.000 euros); o Rompetiño de Porto do Son (con 19.800.000 euros); ou o Castelo Rock de Muros (20.000,00€).

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.