A Biblioteca de Noia acolle este venres un obradoiro de robótica educativa para a rapazada

11 Outubro 2023

A Biblioteca Municipal de Noia vai acoller este venres 13 unha actividade maker para a rapazada: unha iniciativa participativa de desenvolvemento tecnolóxico onde todas as persoas participantes terán oportunidade de exercitar o seu talento argalleiro. Trátase dunha xornada de robótica educativa (A Nube de Artear) para nenas e nenos de máis de 6 anos. Celebrarase a partir das 18.00 horas.

Segundo informa a organización (a Xunta a través do programa Ler Conta Moito en colaboración co Concello de Noia e a Biblioteca), neste obradoiro as e os asistentes descubrirán os principios da Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría e as Matemáticas (STEM), “participando nunha experiencia de aprendizaxe divertida e práctica”.

A actividade, engaden, está deseñada para “incentivar a creatividade e a curiosidade, proporcionando oportunidades para construír e probar prototipos de obxectos, animais e vehículos cun enfoque do mundo real”.

As prazas son limitadas e, segundo informou o Concello, xa están esgotadas. Máis información no teléfono 699 30 14 81. A duración estimada da actividade é de 120 minutos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.