A Área de Cultura de Noia de Noia compartiu o programa de actividades para estes meses de outubro e novembro. Haberá teatro e presentacións culturais e, ademais, celebrarase a Semana Musical e a Mostra de Curtas de Noia, que comezará o vindeiro 2 de novembro coa XXIV edición. A axenda comezou o venres 6 con Blanca Millán e RJ Peralta e o seu espectáculo Canta e Conta, e proseguiu, na mesma xornada, coa presentación do libro Panamor, de José Manuel Cairo.
O venres 13 de outubro Blanca Millán volve a Noia con Robótica educativa de A nube de artear, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Municipal. O sábado 14 de outubro o Coliseo Noela acolle Güela Güela de Galitoon Teatro (a partir das 18.30, para nenas e nenos de 2 a 6 anos), e o mércores 27 do mesmo mes presentarse o libro Fremosas. Cantigas de amigo e de amor de Barahunda. Será ás 20.30 horas na Casa da Cultura. O sábado o Coliseo Noela dará acollida ao espectáculo Último verán en Santa Cristina, de Teatro do Noroeste (a partir das 20.30 horas para público adulto).
Do 2 ao 11 de novembro celebrarase a XXIV Mostra de Curtas de Noia.
O sábado 18 proxectarase o documental O médico dos pobres, a partir das 20.00 horas no Noela.
Entre o 24 e o 26 de novembro desenvolverase a XLVI edición da Semana Musical de Noia. Organiza, no Coliseo Noela, a Coral Polifónica de Noia.




