Ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o venres e o sábado, que poderán ser treboentas o venres pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios, cehgaremos ós 26- 28 graos. O vento soprará compoñente sur. No referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 19° 28°
Temperatura da auga (°C)
17°
Índice ultravioleta máx.
6
meteogalicia
O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sueste á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros.
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
A influencia anticiclónica deixará este martes unha xornada maioritariamente seca e despexada tanto en Santiago de Compostela como nas Rías Baixas, á marxe da fronte feble que rozará o litoral norte galego. Aínda que a mañá comezará con bancos de néboa e nubes baixas...
A temperatura global superou por segundo mes consecutivo a barreira crítica dos 1,5 °C respecto aos niveis preindustriais, nun contexto marcado polo auxe dun fenómeno de El Niño excepcionalmente intenso. O mes de setembro de 2026 pechouse como o segundo setembro máis...
Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...
Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...