Xa ten cartaz a nova edición da mostra Mares da Fin do Mundo, que comeza o 1 de novembro en Outes

08 Setembro 2023

A mostra de audiovisual Mares da Fin do Mundo xa está quecendo motores. Do 1 ao 5 de novembro, Outes acollerá a sexta edición deste festival de cine documental marítimo e mariñeiro con proxeccións especiais, mesas redondas, obradoiro de cinema con móbiles, gastronomía e música en directo.

O Concello confirmou que o mar e a pesca sustentábel “seguirán sendo protagonistas desta nova edición”. Tamén lembrou que os pasados días foi presentado o cartel oficial desta convocatoria.

A imaxe que acompaña o cartaz, obra do fotógrafo e deseñador José María Picón, foi tomada durante a súa última viaxe a Húsavík (Islandia), cidade ao sur do Océano Ártico, coñecida por ser un importante centro de avistamento destes cetáceos. A viaxe resultou ser unha experiencia apaixonante que nos transmite a través desta fermosa fotografía. “Dende a Mostra”, explican dende a organización, “continuaremos afondando nas luces e sombras da relación dos humanos cos mamíferos mariños, moi presentes na programación desta edición”.

Lembrar tamén que os días pasados a Aula Sostible do Freixo deu a coñecer os agasallos que acompañarán a vindeira edición da mostra. Os presentes consistirán nuns chaveiros elaborados con plásticos procedentes de diversas campañas de concienciación de reciclaxe e de limpeza de praias. Nesta edición, os chaveiros virán acompañados dun código QR que amosará ás persoas destinatarias dos presentes o proceso de fabricación e diversas curiosidades en torno ao material empregado na súa confección.

A Mostra Mares da Fin do Mundo, festival de cinema marítimo e mariñeiro organizado polo Concello de Outes e patrocinado pola Deputación de Coruña e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.