Unha colisión entre tres coches na autovía deixou cinco persoas feridas á altura de Boiro

05 Setembro 2023

Os feitos ocorreron no quilómetro 27 da AG-11, ao seu paso pola parroquia boirense de Lampón en dirección Santiago, e as persoas implicadas foron evacuadas en ambulancia. Entre elas contábase unha menor de idade. A causa segundo parece foi unha roda pinchada.

Eran as 12:30 horas cando diversos particulares que circulaban polo lugar contactaron co 112 Galicia para informar sobre este accidente: un coche batera contra a varanda e acabou detido no medio do asfalto. Pouco despois, os alertadores engadían que outros dous vehículos colidiron contra o primeiro.

Decontado, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil de Tráfico, dos axentes da Policía Local de Boiro e da Pobra do Caramiñal, do Servizo Municipal de Protección Civil boirense e dos operarios de conservación da autovía.

Ademais, os servizos de emerxencias cortaron a circulación nun dos carrís para garantir as condicións de seguridade durante os traballos de restablecemento da calzada.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro actuando en accidente na AG-11 no Pk 26 sentido Padrón no Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...