Piden prisión para un veciño de Ribeira por posuír e difundir pornografía infantil

20 Setembro 2023

A sección sexta da Audiencia Provincial, con sede en Santiago de Compostela, acollerá este mércores un xuízo contra un veciño de Ribeira por posuír e difundir pornografía infantil. O Ministerio Fiscal considera que os feitos constitúen un delito de prostitución e corrupción de menores, polo que solicitan unha pena de oito anos e medio de prisión.

O caso saíu á luz por mor dunha investigación realizada no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Coruña. Nas dilixencias descubriuse unha dirección IP, pertencente ao acusado, a través da que se distribuíron arquivos con contido pornográfico infantil. Ase mesmo no rexistro do domicilio do ribeirense, interviuse un disco duro externo e dúas memorias USB nos que acumulaba mais de 800 arquivos compartindo ata catorce deles con outros usuarios.

O Ministerio Público solicita a pena de oito anos e medio de cárcere para este veciño de Ribeira e a súa inhabilitación durante 15 anos para calquera actividade que implique un contacto directo con menores de idade.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.