O sonense Anxo Queiruga (COGAMI) fai un novo chamamento a traballar pola accesibilidade real e universal

06 Setembro 2023


Este mes de setembro a confederación COGAMI volve poñer o foco na necesidade de seguirmos traballando pola accesibilidade. Faino a través da campaña Somos COGAMI, lanzada este ano para visibilizar as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias como ter unha sociedade deseñada para todas as persoas. “Queremos que as persoas con discapacidade poidan vivir a súa vida de maneira autónoma e coas mesmas oportunidades”, explica o sonense Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, engadindo que “a día de hoxe, a falta de accesibilidade universal provoca perda de dereitos e, polo tanto, discrimina ao 9% da poboación”.

No que vai de ano, chegaron ao servizo de Información de COGAMI 98 consultas, 9 denuncias e relacionáronse 32 intervencións relacionadas coa accesibilidade.

Segundo apunta a confederación, “unha sociedade con barreiras impide que as persoas con discapacidade teñan unha forma de vida independente, autónoma e activa na sociedade, e se non hai acceso a edificios, ao transporte, á información e comunicacións, aos servizos e instalacións de uso público, ao patrimonio cultural, a todos os ámbitos da participación da vida pública e servizos existentes, as persoas con discapacidade non teñen as mesmas oportunidades para participar plenamente na sociedade”.

O propio Anxo Queiruga recoñece que lle entristece que aínda hoxe se siga a falar de “accesibilidade”, poñendo o a preocupación de COGAMI polas “barreiras arquitectónicas pero tamén as mentais, porque estas limitan aínda máis ás persoas con discapacidade. Hai uns estereotipos asentados que indican que a persoa con discapacidade é homoxénea e non se corresponde coa realidade”.

Respecto de normativas incumpridas, Queiruga fai fincapé na que regula as condicións de accesibilidade que se deben cumprir para garantir o dereito a vivir de xeito independente. “A isto súmaselle a demora de máis de 5 anos do regulamento da Lei 10/2014 de 3 de decembro de accesibilidade de Galicia, o que provoca que queden sen efectividade moitas das referencias legais da Lei”, sinala, engadindo que outra barreira importante é “a diferencia na cantidade de servizos que ofrecen as zonas rurais con respecto ás urbanas”. Galicia, explica, é unha comunidade con máis núcleos de poboación na zona rural, onde se fai necesario dotala de servizo de transporte adaptado para cubrir desprazamentos básicos das persoas con mobilidade reducida como asistencia a unha cita médica, a unha xestión administrativa ou mesmo a unha superficie de alimentación.

“Son moitas as persoas que seguen pechadas nas súas casas, condenadas a non poder saír á rúa porque teñen que superar unhas escaleiras e carecen da posibilidade de dotar o inmóbel cun ascensor, como a falta de recursos económicos, a falta de consenso na comunidade veciñal ou falta de espazo para poder habilitalo”, sinala Queiruga, apuntando que “dende os movementos asociativos exiximos cambios efectivos na normativa a nivel estatal que promova e favoreza a realización de obras e actuacións de accesibilidade naquelas edificacións suxeitas á propiedade horizontal, especialmente nas zonas comúns por seren as que maior conflitividade xeran”.

Con respecto á usabilidade das vivendas, Anxo Queiruga apunta que “cómpre ampliar as axudas e subvencións que promovan a mellora e adaptación da accesibilidade no parque de vivendas existente, priorizando aquelas solicitudes realizadas por persoas con discapacidade ou comunidades nas que residen persoas con discapacidade”.

Outra demanda de COGAMI é “a necesidade de impulsar a promoción de vivendas de protección oficial accesibles, asegurando que as persoas con discapacidade teñan a oportunidade de elixir o seu lugar de residencia”.

Campaña #SomosCOGAMI

Dende COGAMI queren visibilizar durante todo este ano 2023 unha campaña de sensibilización sobre as necesidades que presentan as persoas con discapacidade e familias. É “unha chamada á acción para amosar a realidade que viven milleiros de persoas actualmente”.

No mes de setembro reivindicou a accesibilidade universal porque “contribúe á construción dunha sociedade deseñada para todas as persoas e, polo tanto, máis inclusiva, coas mesmas oportunidades para a plena participación social”.

Este ideario figura resumido nun vídeo acabado de subir pola confederación ao Youtube.

Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.