O Sergas inicia este luns a vacinación infantil contra o virus da bronquiolite

25 Setembro 2023

O virus respiratorio sincitial é un clásico na asistencia pediátrica no outono-inverno. O 85 % dos casos danse entre setembro e febreiro e son a causa do 70 % das bronquiolites e das infeccións respiratorias do tracto inferior.

O anticorpo que se lles empeza a administrar desde este luns á poboación infantil en Galicia busca previr os cadros graves e os ingresos.

“O que vai facer é darlles aos nenos defensas fronte ao virus. Evidentemente, pódense infectar, si, pero van ser casos máis leves”, explica a presidenta da Sociedade Galega de Pediatría.

O Sergas prevé vacinar máis de 15.000 nenos e nenas.

Susana Rey, presidenta da Sociedade Galega de Pediatría aconsella que os cativos sexan vacinados tamén contra a gripe. Subliña que aínda que adoitan cursar cadros leves, son os transmisores por excelencia dos virus.

“A protección dos nosos nenos significa a protección da saúde de toda a comunidade”, afirma. (G24.gal).

vacinacion masiva na cidade da cultura

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.