O programa Aníma-te convida á mocidade pobrense a desfrutar de propostas de ocio alternativo

25 Setembro 2023

O Concello da Pobra presentou os detalles do programa socioeducativo Aníma-te, que busca crear na Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal, situada no Lagar, un espazo no que a xente nova poida crear comunidade ao tempo que se continúa coa dinamización desta instalación municipal.

A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, xunto co seu homólogo da Mocidade, Eloy Sobrido, explicou que se trata dunha iniciativa de ocio alternativo dirixida a rapazada a partir de 12 anos para que así “se volvan recuperar as relacións sociais que, por diversas cuestións, se van perdendo” e que irá evolucionando en función das súas necesidades.

Este proxecto piloto executarase de outubro a decembro e, de acadar boa aceptación, ampliarase ao vindeiro ano. Será nos venres, de 18.00 a 21.00 horas. Durante esta época realizaranse diversas actividades xestionadas pola educadora social, Alba Pérez; unha axenda flexible que incluirá as propostas da mocidade participante. Amais, atenderase a demanda de adquisición de recursos materiais que consideren necesarios para pasar tempo de lecer no edificio e que se converta en punto de encontro.

Existe un límite de 15 prazas. As inscricións deberán efectuarse semanalmente, polo que se poñen á súa disposición tres canles: o IES pobrense, o Departamento dos Servizos Sociais e a sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.