Mércores con nubes e claros que darán paso a chuvias e ventos fortes cara a noite

19 Setembro 2023

O mércores prevese a chegada dunha fronte que tocará terra co avance da tarde polo noroeste. Agárdase así unha mañá de ceos nubrados, con menos nubes ao sueste. Pola tarde aumentan as nubes en xeral e con choivas localmente fortes na provincia da Coruña e oeste de Pontevedra, serán xeneralizadas cara á noite. As mínimas sen cambios significativos, as máximas en lixeiro descenso. O vento soprará forte do suroeste.

Atención para mércores: Vento forte do suroeste no litoral. Refachos de vento superiores aos 80 km/h en zonas altas do terzo norte. Precipitacións localmente fortes ao final do día polo noroeste e na madrugada do xoves 21 serán na maior parte de Galicia.

meteogalicia

O noso mar: Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:280.9 m
Preamar07:413.3 m
Baixamar13:441.0 m
Preamar19:583.2 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:180.9 m
Preamar07:313.3 m
Baixamar13:361.0 m
Preamar19:483.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:230.9 m
Preamar07:373.3 m
Baixamar13:421.0 m
Preamar19:543.2 m

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.