In Memoriam Pepe Domingo: “Non se esgotaron as palabras: rematou a fantasía da Radio”. Antón Luaces

17 Setembro 2023

Veu da banda de Lestrobe, cando o pobo do chover miudiño de Rosalía se escribía con be pequeno (v) e foi do seu Dodro natal a un Madrid que o acolleu sempre e para sempre, vestira ou non falda-pantalón vaqueiro e ata que se foi a voz en “Tiempo de juego”, da COPE, como antes no “Carrusel deportivo” para cantar as excelencias deportivas da xornada.

Pepe Domingo Castaño, deportivista ata o miolo de toda a vida en tempos nos que Padrón e Ribeira estaban enlazadas por unha estrada estreita na que os autobuses da empresa “El Celta” (que contradición!) nos servía a ambos para amizosos encontros  como o que celebramos a finais do decenio dos 50,  cando en Ribeira vivíamos o “Día da Dorna” cun “cohete” de chapa de madeira que non ascendeu máis de dous metros, pero que estoupou como o mellor Challenger da factoría norteamericana.

Foto Antón Luaces Festa da Dorna Anos 50

A fotografía que ilustra esta crónica vital, coa imaxe do noso “Sputnik” -inspirada por Lisardo Valeiras Bravo (que nen soñaba con ser alcalde de Ribeira), o seu primo Tito, o compañeiro de traballo de ambos Pepe Fraga e un grupo de mozos entre os que me atopaba- case desfeito polo estourido que non lle permitiu subir á lúa como tentabamos acadar, permítenos ver a Pepe Domingo Castaño (para nós, os amigos, Pepé) semideitado no chan coa man esquerda estendida xunto a min , pola esquerda (eu aguantando dunha perna a Josué fillo dun coñecido xastre ribeirense). Manolo Millán, Fernando e Alejandro Llovo, Manolo Penín, Manolo Bande, Venancio -amigo e compañeiro de Castaño no traballo na factoría Padronesa da Picusa- e Suso Vidal Ageitos (chaqueta clara).

El, Pepé, en Madrid; eu na Coruña. Ambos os amigos fomos compañeiros de radio -Pepe Domingo na SER e na música, eu na CAR e nos informativos, posteriormente Castaño na COPE e eu en RNE . Viamonos nos veráns, que el pasaba en Mera coa súa familia, e sempre que este encontro se producía, saía na conversa Ribeira, cidade pola que Pepé sentía un especial agarimo.

Radiofonista ligado aos deportes e cun xeito moi peculiar de “radiar” a publicidade, poeta, escritor e cantante, Pepe Domingo deixa en silencio as tardes de fútbol en España. Finou en Madrid a pasada madrugada, cando ninguén na familia nen entre os amigos agardaba un  desenlace así, pouco tempo despois de presentar o seu derradeiro libro  “Hasta que se me acaben las palabras”, un canto á radio que tanto e tanto nos deu, cada quen no seu eido.

Quédanos a súa lembranza, o seu estilo no facer “outra” radio, e o amor compartido a este medio. Eu perdo un amigo inesquecible, ao que coñecín na barbanzónica Ribeira. Pepe Domingo voltará ao seu Padrón, vila da que é fillo adoptivo desde 1986, apòs ser incinerado.

A radio quedará orfa por un tempo. Mentres, os que do seu tempo que quedamos aínda en pé, temos presente a todos aqueles que se foron. Botando de menos aquela radio que faciamos e a os que a facían, como é o caso de Pepé.

Boa onda, amigo. Hola, hola., compañeiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.