Ferido tras envorcar co seu quad en Rianxo

09 Setembro 2023

O 112 Galicia tivo constancia deste accidente ás 0:30 horas da madrugada, a través da chamada dun particular: unha persoa sufriu un accidente co seu quad, quedando este envorcado. Segundo comunicaba o alertador, o implicado permaneceu consciente en todo momento, aínda que precisaba asistencia sanitaria urxente. O incidente aconteceu no lugar de Ourille en Rianxo.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Noia e á Policía Local e Protección Civil de Rianxo.

O persoal sanitario encargouse finalmente da súa evacuación ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.