O Concello de Porto do Son presentou o programa de actividades das súas Escolas Culturais Municipais para o curso 2023-2024 que vén de dar comezo. A axenda dará comezo en outubro. As inscricións realizaranse de xeito individual para cada unha das clases. Quen precise máis información deberá contactar coa Concellería de Cultura a través do teléfono 981 76 77 58. Están programadas escolas de Piano, Linguaxe Musical e Coro (a cargo de Leticia Recamán, lrcmusicpiano@gmail.com), de Música Tradicional e Folclórica (gaita, percusión e frauta de pico), de Danza, de Pandeireta e Canto Folclórico e Tradicional, de Guitarra (Malé, 654 567 232), de Baile (Francisco Muñiz, 698 150 432), de Teatro & Teatro Musical (Tania Fuegho, 672 661 789) e de Baile Tradicional para Foliadas (Asociación Sonora, asociacionsonora@gmail.com).
