Eliminado un punto de vertido de augas residuais no río Vilacoba, en Noia

10 Setembro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais ao río Vilacoba, no concello de Noia.

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron esta achega no marco das inspeccións rutineiras nos concellos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica, concretamente nun colector de saneamento da rede municipal, que presentaba unha rotura nun tramo da parroquia de Santa Cristina de Barro.

Augas de Galicia comunicou a situación ao Concello de Noia para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova inspección á zona, o persoal da Xunta verificou que as obras executadas pola entidade local para reparar e selar o colector permitiu a emenda do vertido irregular cara ao dominio público marítimo-terrestre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...