Dúas persoas precisaron asistencia tras colidir a embarcación coa que navegan contra unha batea en Arousa

04 Setembro 2023

Foron os propios afectados quen contactaron co 112 Galicia pasadas as sete da tarde de onte.

Na súa comunicación indicaron que a bordo da embarcación navegaban dúas persoas, e unha delas recibira un golpe nas costelas que lle dificultaba a respiración.

De feito, tras recibir os primeiros coidados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no porto de Ribeira, só esta persoa tivo que ser evacuada ao centro hospitalario de referencia.

Segundo explicaron os afectados, a embarcación na que navegaban chocou contra unha batea preto da Illa de Pedregoso, en Arousa. Como consecuencia do impacto, unha das persoas que ía a bordo resultou ferida, pero, ademais, necesitaban un rescate para saír da auga.

Neste sentido, desde o 112 Galicia, solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo, que enviou á zona a Salvamar Sargadelos. A bordo desta embarcación, os feridos foron trasladados ao porto de Ribeira, onde agardaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados.

Neste operativo contouse, tamén, coa participación do grupo municipal de emerxencias de Ribeira, así como dos axentes de seguridade da Policía Local e da Garda Civil. 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.