“Danos catastróficos provocados no sur-sureste de Europa” – Antón Luaces

09 Setembro 2023

O clima sempre é un tema de conversa que nunca falla e da resultado: nas xuntanzas familiares ou de amigos, nos momentos libres no traballo… o que falamos vai ultimamente do calor abafante -en Galicia tamén, é ben sabido- á choiva inclemente con sesións de treboada (como a rexistrada onte pola tarde e pola noite en boa parte da comunidade autónoma).

O problema verdadeiro chega cando os fenómenos climáticos tornan tan estraños e perigosos que impiden que se poida falar de calquera outra cousa.

Estes días a DINA (Depresión Illada en Niveis Altos) ven de se converter na protagonista absoluta de contidos nos medios de comunicación e conversas en toda España debido á terrible espiral de destrución que deixou e aínda deixa ao seu paso.

Os danos provocados pola DINA (ou DANA) foron enormes en moitos lugares de España e Europa -especialmente en Grecia- e mesmo tráxicos pola perda de vidas humanas. Algo que, unha outra vez, pon de manifesto que estamos a vivir nunha emerxencia climática na que pasamos da calor estrema a destrutivos anegamentos en cuestións de tan só unhas horas.

Segundo afirma a asociación ecoloxista WWF, que as DINAS sexan cada vez máis frecuentes e estremas non é unha casualidade, xa que o quecemento do Mediterráneo “facilita as condicións perfectas para a formación de choivas torrenciais”.

Polo tanto, a medida que a temperatura aumente, podemos ter seguro que as tormentas serán piores e os seus efectos máis devastadores para a natureza e os seres humanos.

O cambio climático é, malia os negacionistas, responsable de catástrofes cada día máis destrutivas. Por isto, gobernos, empresas e sector financeiro deben asumir a súa responsabilidade -apuntan os ecoloxistas- e tomar decisións e compromisos contundentes para facer o cambio climático antes de que sexa demasiado tarde e non haxa posibilidades de volta atrás.

Organizacións como a citada WWF aseguran traballar a grande escala con gobernos e empresas para mudar a forma de produción, usar e reaproveitar enerxía, os grandes causantes da emerxencia climática. É o motivo polo que os ecoloxistas esixen “unha aposta urxente por novos modelos alonxados dos combustibles fósiles para frear esta espiral de impactos ambientais catastróficos”.

As previsións meteorolóxicas para este sábado en Galicia non son, neste senso, moi optimistas. Teñamos coidado, polo tanto.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...