Ciclismo, natureza e tecnoloxía, quen precisa máis?

27 Setembro 2023

O visor: A paisaxe galega desde a bicicleta inclúe 52 rutas con máis de 2.300 quilómetros

O panorama de recursos en liña cos que contan os/as ciclistas da nosa terra (e doutras comunidades e países) incrementouse e mellorouse coa posta en marcha da ferramenta interactiva A paisaxe galega desde a bicicleta, que foi desenvolvida pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta ferramenta, segundo explica a Consellería que dirixe Ángeles Vázquez, serve para facer un percorrido por 2.300 quilómetros da Comunidade a través de 52 rutas, de cara a combinar a divulgación e conservación da paisaxe da comunidade coa práctica do ciclismo, unha actividade saudable que emprega o medio ecolóxico por excelencia (con cero emisións) e que supón, ademais, unha proposta turística sostible.

O visor está dispoñible en https://mapas.xunta.gal/visores/galiciaenbici/visor/.
Este visor permite planificar as rutas xa que ofrece alternativas para diferentes niveis de dificultade co obxectivo de que moitos percorridos, ademais de ser seguros e naturais, sexan aptos para as familias.

Así, cada percorrido conta con fichas que se poden descargar cos datos máis importantes como fotografías, mapas, perfís do terreo e, por suposto, a situación dos miradoiros e dos lugares de maior interese paisaxístico.

Ademais, para facilitar aínda máis a planificación da ruta, permite gardar o percorrido en formatos como reloxos intelixentes, GPS ou móbiles así como a posibilidade de utilizar a plataforma Wikiloc, gratuíta e cun uso moi estendido ao contar con 10 millóns de usuarios.
Esta guía foi elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio (IET) en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo co obxectivo de ofrecer unha experiencia turística e de ocio diferenciadora para descubrir as nosas paisaxes e uns percorridos cos que poder coñecer desde a bicicleta todo o que ofrece a nosa Comunidade. Esta ferramenta é un bo exemplo de como combinar o deporte, a conservación do patrimonio natural e a posta en valor do territorio.
Desde a posta en marcha desta iniciativa xa se recibiron máis de 14.400 visitas, que derivaron en preto de 950 descargas en diversos dispositivos, o que mostra o grande interese por esta alternativa de lecer sostible, integrador e saudable, que, ademais, contribúe a diminuír a circulación do tráfico de vehículos e, polo tanto, as emisións de dióxido de carbono contribuíndo, deste xeito, á mitigación dos efectos do cambio climático.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.