Boiro fai entrega das bolsas a deportistas federados do municipio

13 Setembro 2023

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, fixeron entrega esta tarde das bolsas a deportistas federados do municipio correspondentes ao ano 2022. Unhas bolsas que teñen como finalidade promover a actividade deportiva de carácter individual que require unha dedicación de alto nivel.
O Concello de Boiro destina un total de 9.750 euros nesta convocatoria de bolsas a deportistas federados da localidade que teñen como finalidade apoiar o esforzo realizado polos deportistas locais nas súas respectivas modalidades. “Estas bolsas mostran o alto nivel deportivo que ten Boiro en distintas disciplinas e o esforzo que os nosos deportistas fan por seguir mellorando os resultados”, afirmou o alcalde.
Son beneficiarios destas axudas os deportistas de entre 9 e 23 anos que estean empadroados en Boiro, que contan con licencia federativa en vigor e que, na tempada anterior participaran en campionatos ou probas oficiais. “Queremos seguir apostando polo deporte, sobre todo polodeporte de base, xa que a actividade deportiva inculca uns valores fundamentais para a nosa mocidade”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.
En total fixéronse entrega de 44 bolsas repartidas en 2 bolsas de 800 euros, 5 de 600 euros, 5 de 300 euros, 5 de 200 euros, 7 bolsas de 150 euros, 12 de 100 euros, e 8 de 50 euros.
O alcalde, José Ramón Romero, fixo fincapé na importante aposta que o Concello de Boiro fai no impulso e promoción do deporte: “Preto de 1.500.000 euros, un 10% do orzamento municipal, destinase ao deporte, non solo en axudas directas senón tamén no acondicionamento das instalacións deportivas que queremos seguir mellorando”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.