Ainé Producións leva a Rianxo (este sábado) a súa recreación do roubo do Códice Calixtino

18 Setembro 2023

O vindeiro sábado 23 de setembro, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal de Rianxo a representación de Código K, da compañía teatral Ainé Producións, que recrea a desaparición do Código Calixtino e os acontecementos que se produciron até o remate da investigación para atopalo. Todo baixo unha óptica feminina.

Trátase dunha comedia destinada a público adulto, cun texto de Manuel Cortés e baixo a dirección de dirección de Tito Asorey co asesoramento artístico Noemi Rodríguez. O elenco está formado por as seguintes actrices: Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e Russ. As entradas, teñen un custe de 8 €, e poden mercarse na ligazón específica habilitada.​​​

Argumento​​​​​

En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe. Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios… Iso é Códice K: o que non se sabe por que nunca se contou. Códice K, o máis grande true crime da historia de Galicia.

Unha historia de mulleres

Por que contar a historia só con mulleres? Porque nela non hai máis ca homes: o electricista, o deán, o xuíz, o investigador principal e os policías, os curas e o arcebispo. Pois a historia de Códice K cóntase a través das múltiples mulleres que a circunvalaron. Porque se a ninguén lle estrañou nunca unha cousa, non ten por que estrañarlle a outra. Catro actrices meteranse na pel de múltiples personaxes para permitirnos contar a historia desde múltiples puntos de vista. A maiores disto, en escena contarase cunha DJ que dará cobertura sonora e dramática á obra.​​​​​​​

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.