AGADEA e Caixabank co Concello de Rianxo incorporan un programa para detectar a deterioración cognitiva

19 Setembro 2023

A Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Alzhéimer (AGADEA) e a colaboración de Caixabank, o Concello de Rianxo poñerá en marcha nas próximas semanas un programa que ten como obxectivo detectar e previr a deterioración cognitiva das persoas maiores de 65 anos.

A iniciativa foi presentada pola presidenta de Agadea, Isabel Gey; Laura Somoza, coordinadora do centro de día de Agadea en Ribeira; o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, e a concelleira Ana Vidal. O obxectivo do programa é detectar a posible deterioración cognitiva dos usuarios e favorecer que manteñan o maior tempo posible unha saúde mental adecuada e teñan mellor calidade de vida.

As actividades comezarán en outubro e levarán a cabo todos os martes ata o mes de xuño en dous grupos. As prazas son limitadas, dez por grupo, e as persoas interesadas poden inscribirse e solicitar máis información no número de teléfono 672 705 053.

Remitida

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...