A Xunta e Cáritas colaboran para impulsar a inserción laboral de persoas

14 Setembro 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo esta tarde un encontro con representantes de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, co gallo de tratar os avances acadados pola entidade ao respecto da inserción laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social co apoio da Xunta de Galicia.
Así, na xuntanza analizouse o labor das dúas empresas de inserción pertencentes a Cáritas: Arroupa, dedicada á recollida, clasificación, valorización e venda de roupa de segunda man; e AHortas, centrada na horticultura ecolóxica. Unhas empresas que recibiron en conxunto arredor de 2 millóns de euros nos últimos anos por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, dirixidos á posta en marcha e consolidación destas iniciativas.
Cómpre lembrar, así mesmo, o convenio entre a Xunta e Cáritas Federadas en Galicia -na que se inclúe Cáritas de Santiago- para o desenvolvemento dun proxecto piloto de arraigamento para a formación dirixido a persoas inmigrantes en situación irregular.
Trátase dunha iniciativa pioneira que persegue que estas persoas poidan obter unha autorización de residencia e de traballo que facilite a súa integración sociolaboral e a regularización da súa situación, ao tempo que se contribúe tamén a facer fronte á escaseza de man de obra en certos sectores do mercado laboral.
Precisamente, no Consello da Xunta de hoxe autorizábanse dous novos convenios nesta liña, con Cáritas de Lugo e a Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia, co convencemento de que o emprego abre as portas do benestar e potencia a integración destas persoas.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, manterá un encontro con representantes de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. foto xoán crespo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.