A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón enviou a prisión os cinco detidos relacionados co pesqueiro que foi interceptado por efectivos policiais da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) fronte ás Rías Baixas e que transportaba máis de dúas toneladas de cocaína e do que informamos en “obarbanza.gal“..
A xuíza da Audiencia Nacional María Tardón enviou a prisión aos cinco detidos relacionados co pesqueiro que foi interceptado por efectivos policiais da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) fronte ás Rías Baixas (Pontevedra) e que transportaba máis de dúas toneladas de cocaína
A pesar de que eran catro os tripulantes do pesqueiro, unha quinta persoa foi detida ao trasladarse a Madrid. O pesqueiro coa droga é buque de pequenas dimensións de algo máis de 12 metros de eslora, de nome ‘Bestarruza’, recentemente censado no rexistro xeral da frota pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O barco está inscrito na modalidade de artes menores de pesca no Cantábrico noroccidental e ten o seu porto basee en Ferrol.




