A histórica locomotora “Sarita” incorporase á musealización da Fundación Camilo José Cela

15 Setembro 2023

A Xunta de Galicia vén de incorporar á musealización exterior da Fundación Camilo José Cela a histórica locomotora Sarita despois dun minucioso proceso de rehabilitación realizado nos últimos meses que xa fai posible a súa visita pública.

Coincidindo co 150 aniversario da súa viaxe de Cornes (Santiago de Compostela) a Carril (Vilagarcía de Arousa), o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou no acto de inauguración, onde se referiu á importancia de poder recuperar e poñer a disposición do público esta peza histórica “fundamental no noso patrimonio ferroviario” ao ser a cabeza tractora da primeira liña de ferrocarril de Galicia, que unía Cornes e Carril”, explicou.

“O descubrimento da Sarita sérvenos para celebrar o 150 aniversario dun fito histórico que supuxo todo un evento de época para Galicia. A nosa terra ingresaba de cheo na era da industrialización cunha mellora nas comunicacións e un cambio inmediato no transporte”, engadiu. De feito, indicou que se impulsará unha ampla oferta educativa con visitas guiadas e obradoiros gratuítos para distintos ciclos.

A peza está instalada nos xardíns exteriores da Casa Museo Camilo José Cela, na zona do aparcadoiro. É de titularidade de Adif, cedida pola Fundación de Ferrocarriles Españoles á Fundación Camilo José Cela, e foi restaurada pola Consellería con traballos de limpeza e saneamento da estrutura. Tamén se restauraron a cabina do condutor e a cuberta do teito e limpáronse todas as pezas de latón. Nestes momentos estase traballando na instalación dunha cuberta para protexela das inclemencias meteorolóxicas e facilitar a súa observación

Outros artigos

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...