450 voluntarios limparán 26 praias no marco da campaña apoiada pola Xunta “1M 2 POLAS PRAIAS E OS MARES”

15 Setembro 2023

Preto de 450 voluntarios participarán, ao longo dos próximos días, nas 26 batidas de limpeza programadas por toda a Comunidade dentro da campaña 1m 2 polas praias e os mares, unha iniciativa impulsada a nivel nacional por SEO/BirdLife e Ecoembes no marco do proxecto Libera e que en Galicia conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Concretamente, celebraranse 17 batidas na provincia de Pontevedra, nas que participarán máis de 300 persoas; 4 na Coruña, con 85 voluntarios; 3 en Ourense, con 31 inscritos e 2 en Lugo, cuns 20 participantes. En total, preto de 450 liberadores repartidos en 26 praias da Comunidade.
Nesta nova edición da campaña, que dará comezo mañá e permanecerá activa ata o día 26 deste mes, haberá un total de 253 puntos de recollida repartidos por toda España que, en conxunto, contará coa colaboración de case 3.700 voluntarios.
Así, é importante subliñar que Galicia é unha das comunidades máis implicadas na tarefa de conservación dos espazos naturais e, de feito, o nivel de participación dos galegos nas actividades colaborativas que se organizan ao longo do ano para loitar contra os residuos nas praias é cada vez maior.
Cómpre, por último, destacar que a Xunta colaborou no proxecto Libera por primeira vez no ano 2017 e, desde entón, vén apoiando as sucesivas campañas de limpeza que ao longo do ano se organizan en Galicia, como 1m 2 contra a basuraleza, 1m 2 polos ríos, lagos e embalses ou 1m 2 polos campos, bosques e montes.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.