
O punto no que se atopa actualmente a negociación para a conformación do novo goberno español mobiliza conciencias e intereses ata o de agora adormecidos polo resultado das eleccións do pasado 23 de xullo e que están dando paso a todo tipo de especulacións cara unha formulación asumible, especialmente por parte do PP e PSOE para “forzar acordos de goberno ou de lexislatura” que non leven a depender ”dos voto dun prófugo da Xustiza”. Esta é a proposta da plataforma “Consenso y Regeneración” asinada por máis de medio cento de persoeiros da sociedade civil, entre os que figuran catedráticos e antigos membros do PSOE e Ciudadanos.
Esta formulación vai dirixida especialmente a PP e PSOE para que procuren un diálogo encamiñado a esta fin.
Segundo a axencia Europa Press, entre os asinantes do manifesto figuran Nacho Prendes, exdeputado; Pedro Bofill, ex eurodeputado; o que fora deputado de Ciudadanos no Parlamento de Cataluña, José Domingo Domingo, e o catedrático de Dereito Constitucional e ex membro de Ciudadanos Francescs de Carreras, amais de numerosos profesores, escritores, empresarios e profesionais,
Deste manifesto,reflexionan sobre os resultados electorais do pasado 23J, salientando o crecemento do bipartidismo. Por elo resultaría contraditorio “que a gobernabilidade de España remate dependendo destes últimos”.
Neste contexto, piden “recuperar a cordialidade política que permita un diálogo construtivo entre os diferentes partidos e, en particular, entre o PP e o PSOE, en aras de afrontar os desafíos para dotar de autoridade institucional ao país”.
Chaman a “deixar atrás” os bloqueos políticos que deterioraron a democracia sometendo a esta “a un acentuado estrés institucional”.
Así as cousas “solicitamos -din- a PP e PSOE que aproveiten o actual proceso de formación de goberno para establecer un diálogo encamiñado a formar acordos de goberno ou de lexislatura onde a diversidade ideolóxica e o pluralismo non sexan un obstáculo para se entenderen e para pactar políticas fundamentais en interese de todos os partidos da nosa contorna”.



