Unha decena de voluntarios realizarán labores ambientais na illa de Cortegada

25 Agosto 2023

A illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, acollerá esta fin de semana a 10 participantes no programa de voluntariado interxeracional impulsado pola Xunta en espazos naturais galegos, que ten como fin promover o respecto e a protección do patrimonio natural a través de diferentes accións de carácter ambiental.
Trátase dunha das 32 intervencións programadas no marco da terceira edición desta iniciativa, impulsada de forma conxunta pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Consellería de Política Social e Xuventude.
Nesta ocasión ofertáronse 434 prazas, que se esgotaron rapidamente ao igual que nos anos anteriores, unha acollida que reflicte o interese e a implicación cada vez maior da cidadanía por participar neste tipo de accións e achegarse á natureza de modo diferente.
En concreto, os 10 voluntarios chegarán esta tarde a Vilagarcía, onde recibirán as primeiras instrucións por parte dos monitores que os acompañarán durante a fin de semana e pasarán a noite antes de saír rumbo a Cortegada a primeira hora de mañá.
Unha vez na illa e co apoio e supervisión dos técnicos do Parque Nacional en todo momento, os participantes realizarán un amplo abano de actuacións medioambientais entre as que figuran a eliminación de especies alóctonas; a limpeza da praia de Sartaxéns e da súa contorna; a retirada de lixo mariño; a realización de tarefas de mantemento, reparación e adecuación de camiños e sinais, etc.
Ademais, tamén está previsto que interveñan no acondicionamento da contorna dunha pequena edificación co fin de poder consolidar o seu uso para depositar e gardar o lixo recollido antes do seu traslado e tratamento fóra da illa.
Nesta edición, o Parque Nacional das Illas Atlánticas acollerá 8 das 32 accións de voluntariado ambiental programadas, con dúas quendas previstas en cada un dos catro arquipélagos. No caso concreto de Cortegada, outras 10 persoas desenvolverán labores de carácter medioambiental na illa durante a fin de semana do 15 ao 17 de setembro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.