“Tía Manuela: As mestras de nós”. Luís Celeiro

02 Agosto 2023


Cando se volve a vista atrás, e se mira e se recorda a paisaxe completa da Galicia dos anos sesenta, setenta e principios dos oitenta do século pasado, é como o regreso á Idade Media, como se alguén contara un conto incríbel, enmarcado nas incríbeis historias doutros tempos e doutros mundos distantes, como se fose un conto, unha historia de ficción, o cantar do merlo ou o sobrevoar da andoriñas, que pasan a súa vida reconstruíndo o niño, namorando e voando.
Aqueles mundos do rural de Galicia, onde se comían castañas asadas, pilongas e fregadas, pan de broa ou patacas arregladas, efectivamente, eran distintos. Os nenos e nenas traballaban cos seu pais na terra e araban con aquel arado de pau, arrastrado por unha xugada de vacas pardas ou marelas e cun home agarrado á rabela.
Correndo para a escola, onde agardaba a mestra; saltando polas pedras do camiño ou polos valados de terra e terróns, para chegar enxoitos, aprender e volver chamar as vacas ou gardalas no arredor da leira, na esquina do agro, no prado da herba de gadañar ou naquela serra con carballos na ladeira.
As escolas eran novas e as mestras todas eran novas, vocacionais e alentadoras mulleres que comezaban a súa profesión como docentes nas zonas rurais de Galicia. Elas foron a guía e o faro que alumeou, de noite e de día, o futuro daquela xente, xente de nós. Elas, aquelas, prezados lectores, foron mestras, orientadoras, conselleiras, psicólogas, profesoras sabias.
Bonhomía en estado puro de atención a quen precisaba a súa referencia.
Con aquelas mestras, Galicia enteira ten unha débeda. Eran vocacionais, estaban preparadas e sabían que a formación era indispensable para andar pola vida. Eran sacrificadas e loitadoras. Eran elas, ás que tanto lles debemos e tanto lles queremos. Ás mestras daqueles tempos, as garbosas amigas que atravesaron e incidiron nas nosas vidas con moita dignidade.
Elas, aquelas mestras rurais, foron chegando a cada aldea, a cada unitaria, á casa que as acollía e alí vivían como podían. Eran tempos que quedan para o recordo, situacións que se manteñen na arca das vivencias ou das lembranzas. Eran ou foron etapas que se proxectan no imaxinario e que todas as persoas que as viviron queren (queremos) mantelas vivas, independentemente do seu gran custo.
A Tía Manuela ofértalles respecto, torrentes de afecto, agarimo e cariño a todas elas. Todas traballadoras con xenerosidade e bo facer. Amigas, dilixentes lectoras, colaboradoras, magníficas divulgadoras, mestras de nós e dos nosos. Felicidades!

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.