“Tía Manuela: A viaxe ao Máis Alá”. Luís Celeiro

17 Agosto 2023

El, Florentino do Medio, chegou coa lingua fóra á parada do autobús, alí diante do tanatorio, de onde saen os acompañantes vestidos de novo para ir ao cemiterio chorar e despedir ao morto ou morta, segundo o caso. -Boas tardes condutor, este é o coche que vai para o enterro de Quiondous?, -Non, non señor a Quiondous fomos onte, o enterro de hoxe é para o outro lado, moito máis lonxe, en Froilonxa. -Grazas, igual me dá, aínda é mellor. Podo subir? -Si, suba!. -Grazas, non tardaremos en saír?.
Nun instante, énchese o autobús con xente que limpaba os ollos cos panos ou coas mesmas mans. O que subira primeiro, dende a primeira ringleira, saudaba a tódolos que chegaban cun lene movemento da súa cabeza. A algunhas persoas coñecías de enterros anteriores e para elas o saúdo complementábase cun sorriso. O autocar parou xunto á beirarrúa, revolveu, esperou pola xente e levouna de volta á casa. O enterro era o da señora Casimira, unha muller de moitos anos que morreu por mor dun ataque de formigas velenosas.
Detrás do cadaleito e mesmo no coche da funeraria, víanse bulir, e sen parar, moreas destes insectos traballadores. Ao chegar, Florentino perdeulles o rastro e foi -igual que outras veces fora- remirar as lápidas do cemiterio para anotar os nomes, as datas e todo o que se podía anotar daqueles mortos, para el descoñecidos. Curiosidades a barullo, moitas delas sarcásticas, cómicas e graciosas, “por fin, deixei de fumar” ou “non teño máis que dicir”.
Era como un turista de funeraria, de tanatorio en tanatorio e de enterro en enterro, coñecendo os cemiterios e a súa arte, con transporte gratis, bromas cos vivos e alongando conversas inacabadas cos mortos, aos “que Deus os teña na súa gloria”.
De regreso, antes de ir para a casa, paraba no tanatorio e programaba a saída do día seguinte. A onde sexa, alá vamos! E, cando non haxa enterro, que faremos? -Viaxaremos con bono gratuíto de Renfe, mentres duren. Todos gratis, para ir e volver, as veces que faga falta. Ou no autobús urbano, de punta a punta, dende esta parada ata que se acabe, un día e outro, se chove porque chove e se quenta o sol, polo aire acondicionado.
Todos correndo seguido, co Inserso, co deporte, nos autobuses dos enterros, nos cruceiros invasivos, nos avións que van a eses lugares paradisíacos, polo Camiño dos peregrinos, coas carrilanas de Esteiro ou nos barcos deportivos. E, como di a Tía Manuela, “a viaxe ao Máis Alá, se pode ser, que espere. Está aí ao lado, que espere”.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.