Rianxo acolle este sábado un espectáculo de música e baile tradicional a pé de rúa, da man de O Fiadeiro

03 Agosto 2023

A praza de Castelao de Rianxo vai acoller este sábado 5 de agosto un espectáculo de música e baile tradicional encadrado no ciclo Danza 3 – De Rúa, impulsado dende a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura) e as agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos, coa colaboración do Concello de Rianxo. Trátase de reivindicar a danza e música tradicionais de Galicia. A cita será ás 20.30 horas do sábado na praza de Castelao.

Máis información na web de O Fiadeiro​​​​​​​.

Esta actuación enmárcase dentro da serie de espectáculos de música e baile tracicional, Danza 3 – De Rúa, na que O Fiadeiro fará un repaso do seu amplo repertorio musical e de baile, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, “de xeito que cada función é única e espontánea”, explican.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...