Durante estes últimos días de xullo e primeiros de agosto, a Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Noia que dirixe Ana García desenvolveu tarefas de limpeza, roza e acondicionamento de varias zonas da nosa vila.

Asemade, procedeuse ao cambio e reposición de decoracións florais.
Testal, Boa, Sosfreixos, rúa do Ferrador, San Lázaro, rúa Colombia, rúa Pontevedra e San Bernardo foron as zonas onde se levaron a cabo esas actuacións.

O Concello fixo saber que nos vindeiros días (nestes comezos do mes de agosto) realizaranse traballos análogos noutros puntos do termo municipal.



