Pesar en Ribeira pola morte de Manolo Sarasquete

25 Agosto 2023

Este venres 25 de agosto a familia de Manuel Sarasquete, médico de Ribeira, confirmou o seu falecemento en Málaga, onde residía, logo de que fose ingresado no hospital por unha pneumonía e esta rematase por complicarse.

Manolo Sarasquete, nado en Ribeira o 13 de xaneiro de 1936, era unha persoa moi querida na súa cidade natal, na que exerceu de médico particular (especialidade de pediatría) durante décadas até que decidiu emigrar a Canarias e a Andalucía, comunidade esta última onde vivía dende hai anos e onde tamén exerceu como médico e vivía coas súas fillas, Noelia e María. Manolo, que tamén foi un importante artista pictórico e enxeñeiro autodidacta (chegou a deseñar sistemas avanzados para facilitar nos barcos a pesca de arrastre e facela máis segura e eficiente, entre outros enxeños), tivo consulta propia na rúa Rosalía de Castro de Ribeira e era fillo do empresario Agustín Sarasquete, responsábel da empresa de transportes do mesmo nome e dos vapores que levaban pasaxeiros a través da ría de Arousa até a Illa e até Vilagarcía, amais de ser o co-fundador dos Almacenes Sarasquete, situados na actual rúa de Galicia. Descanse en paz.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.