O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o 27 de agosto coa Ruta das Trece Cruces

08 Agosto 2023

O Concello de Rianxo organiza o domingo 27 de agosto a ruta de sendeirismo As Trece Cruces, dentro do programa Goza do Ulla 2023 impulsado polos concellos polos que discorre o río (o ciclo comezou no mes de xuño en Dodro, cun percorrido dunha ducia de quilómetros polas brañas de Laíño).

Segundo informan dende o Goberno local rianxeiro, o trazado da ruta do 27 de agosto é un itinerario circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río, entre os que destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial “con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves”, sinala o Concello, que tamén pon en en valor o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro.

“O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada”, engade.

Información da ruta

​​​​​​Data: 27 de agosto

Hora de inicio: 09:30 h

​Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161)

Duración (aprox.): 4 horas

Distancia (aprox.): 11 Km

Inscricións:

Ata o mércores 23 de agosto as 23:59) na ligazón específica habilitada.

Información:

Telf.: 622 322 953
Correo-e: turismo@avivae.com ou turismo@concelloderianxo.gal

A inscrición na actividade supón a autorización para a realización e difusión de imaxes por parte da organización.

Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.