O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo este 27 de agosto coa Ruta das Trece Cruces

26 Agosto 2023

O Concello de Rianxo organiza o domingo 27 de agosto a ruta de sendeirismo As Trece Cruces, dentro do programa Goza do Ulla 2023 impulsado polos concellos polos que discorre o río (o ciclo comezou no mes de xuño en Dodro, cun percorrido dunha ducia de quilómetros polas brañas de Laíño).

 o trazado da ruta do 27 de agosto é un itinerario circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río, entre os que destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial “con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves”, sinala o Concello, que tamén pon en en valor o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro.

“O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada”, engade.

Información da ruta

​​​​​​Data: 27 de agosto

Hora de inicio: 09:30 h

​Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161)

Duración (aprox.): 4 horas

Distancia (aprox.): 11 Km

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.