O bus interactivo de LabEmprende prosegue a súa xira en Ribeira, Noia, Carballo, Porto do Son e Arteixo

16 Agosto 2023

A xira LabEmprende da Fundación LaCaixa continúa este mes de agosto o seu periplo pola xeografía galega. Logo da visita a Rianxo, os días 3 e 4 agosto, o laboratorio móbil, interactivo e multimedia de La Caixa fixo unha parada en Ribeira (até este mércores 16) para logo desprazarse a Noia (o xoves 17 e o venres 18 na Alameda, a carón do Concello), a Carballo (o luns 21, o martes 22 e o mércores 24 na praza do Concello), a Porto do Son (o xoves 25 e o venres 25 de agosto na avenida de Galicia, á altura do número 24) e máis a Arteixo (o luns 28 e o martes 29 de agosto, na avenida de Fisterra).

O bus de LabEmprende é un laboratorio de emprendemento itinerante no que se propoñen obradoiros para reflexionar e profundar sobre o feito de emprender. Porase o foco en divulgar contidos entre a rapazada e a mocidade, a través do número de teléfono 900 101 493 e a conta info@labemprende.com.

LabEmprende é un espazo innovador ao servizo da educación e a formación da xente nova no eido do emprendemento que viaxa por todo o territorio galego e estatal, após a experiencia e o éxito do espazo en CaixaForum Barcelona.

As persoas participantes poderán gozar dun laboratorio de actividades cun obradoiro interactivo e multimedia onde aprenderán o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora. O laboratorio é un autobús que se converte nunha unidade móbil totalmente adaptada para facilitar o acceso e a participación das persoas con mobilidade reducida ao longo da actividade.

A iniciativa está dirixida a grupos de estudantes de secundaria, de entre 14 e 18 anos principalmente, aínda que poden participar tamén grupos procedentes de escolas especializadas en ciclos formativos para maiores de 18 años e de escolas de adultos, así como grupos familiares.

O persoal de dinamización adaptará os recursos do espazo para que o percorrido poida realizarse de xeito autónomo en caso de visitas libres de familias e xente nova.

A partir dun percorrido por un espazo multimedia e con diferentes actividades interactivas, este taller itinerante permite descubrir o proceso de emprendemento e as características e valores necesarios para emprender. O percorrido pasa por tres ámbitos: Mira, Pensa e Actúa. No primeiro convídasenos a aprender a observar, no segundo a verificar e descubrir se unha oportunidade de negocio é boa e no terceiro a converter unha idea en negocio en realidade.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.