Maís de medio millón de euros para fortalecer o tecido empresarial nos concellos da comarca

17 Agosto 2023

A Deputación da Coruña publicou este mércores, 16 de agosto, no Boletín Oficial da Provincia a aprobación da concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio aos investimentos en bens inventariables do PEL Emprende Investimento 2023.

Destinaranse un total de 3.763.486 euros para apoiar a 491 negocios de toda a provincia na compra de maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario e equipos para procesos de información.

En canto á tipoloxía das entidades beneficiarias, o 77,39% son profesionais autónomos/as con 380 solicitudes concedidas. Ademais, un 31,36% dos beneficiarios realizan a súas actividades económicas en sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial en Galicia.

Sinalar que 189 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de 5.001 ata 10.000 habitantes (o que representa o 38,49% do total) e 88 en concellos con poboación maior ou igual a 20.000 habitantes (o que representa o 17,92%).

Os datos mostran que os criterios valorables establecidos na convocatoria son efectivos á hora de favorecer ás persoas autónomas, así como aos concellos máis rurais da provincia, cun 64,56% dos beneficiarios en concellos de menos de 10.000 habitantes.

A través desta liña concreta de axudas, a entidade provincial quere facilitar a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores, así como tamén apoiar aos xa existentes, co fin de estimular e impulsar a recuperación do tecido empresarial, fomentando o desenvolvemento equilibrado do territorio e favorecendo a creación de emprego a través da creación de empresas.

Ligazón ao BOP coa resolución das axudas:

O PEL como motor de emprendemento na provincia

A Deputación, a través do Plan de Emprego Local pretende amosar o seu apoio ao tecido empresarial da provincia, co obxectivo de acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio.

Estas axudas teñen como finalidade promover un modelo económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora na provincia así como o sostemento dos negocios como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a mellora da competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

O Plan de Emprego Local constitúe unha estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento  que ten como principal obxectivo fixar poboación nos concellos da provincia e contribuír a un crecemento sostible dos mesmos promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, especialmente no ámbito rural.

BARBANZASOLICITUDES CONCEDIDASIMPORTE CONCEDIDO
BOIRO11120.184,79 €
CARNOTA440.131,28 €
MAZARICOS649.322,00 €
MUROS757.305,62 €
NOIA14105.509,26 €
OUTES670.427,18 €
POBRA DO CARAMIÑAL, A1052.555,01 €
RIANXO443.288,02 €
RIBEIRA211.724,91 €
BARBANZA64550.448,07 €

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.