Influencers galegos inauguran a tempada de visitas en CLESA

31 Agosto 2023

A iougurtería galega CLESA, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN e con sede no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, reabriu as súas portas na volta ao cole con visitas para escolares e grupos. Ao abeiro do inicio do ano académico, a empresa puxo en marcha neste curso escolar unha nova edición do programa O tour do iogur. Para inaugurar a tempada de visitas, este mércores visitaron a planta catro recoñecidos influencers galegos, Alvientooo, Ana e Marcos de La cocina es vida e Bea Sanfa. Achegóuselles un percorrido didáctico que percorreu todos os elos da cadea de produción da empresa: dende dende a chegada do leite directamente de ganderías socias da cooperativa ata a elaboración e envasado. Foi unha experiencia conducida por Amparo Porto, xefa de calidade da planta.

Un dos puntos estrela foi a cata de produtos dirixida polo equipo de desenvolvemento de produto. Os iogures gregos de gran formato de CLESA, o último lanzamento da marca, sorprenderon aos visitantes pola súa calidade e a súa cremosidade.

O tour do iogur é o nome que reciben as novas visitas a CLESA dirixidas a colexios e grupos organizados. “É unha nova experiencia moi entretida que conta con murais, con degustacións e con actividades a proba de chefs”, informaron dende a iogurtería, lembrando que a marca leva realizando visitas ás súas plantas dende os seus orixes: “O coñecemento da transformación do leite e a divulgación dunha alimentación saudábel, foi sempre un compromiso da compañía”.

Para este novo curso, xa está aberto o prazo para reservar as visitas. Colexios e grupos organizados xa poden realizar as súas reservas escribindo a visitas@clun.es ou chamando ao 600 79 43 68. Celebraranse todos os xoves en horario de mañá, e é imprescindíbel reservar.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.