Galicia destina máis de 2,7 M€ a apoiar os plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros

23 Agosto 2023

A Consellería de Mar fixo balance dos apoios dos que dispoñen as Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP) do sector dos produtos da pesca e da acuicultura de Galicia para compensar os gastos nos que incorreron para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización, aprobados e executados durante 2022. En concreto, as organizacións teñen este ano á súa disposición máis de 2,7 millóns de euros en axudas Así o recolle a orde pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria destas achegas ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Destas axudas poderán beneficiarse as organizacións de produtores pesqueiros con ámbito de actuación en Galicia, recoñecidas pola comunidade e inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros creado ao abeiro da normativa pola que se regulan estas entidades.

A Consellería do Mar engade que a achega financeira aos plans de produción e comercialización das OPP pode ser de ata o 12% do valor medio anual da produción da entidade durante os tres anos naturais anteriores á resolución de aprobación do plan, unha porcentaxe que cuadriplica a vixente ata 2020 -do 3%- froito dos cambios introducidos no FEMP para adaptarse ás dificultades derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus e co obxectivo de impulsar a actividade do sector marítimo-pesqueiro.

Esta liña de apoio ten como obxecto “subvencionar os investimentos realizados durante o período de execución dos plans así como os derivados da súa preparación”. Entre os gastos susceptíbeis de contar con achegas están os de persoal, material, equipamentos ou desprazamentos vencellados co desenvolvemento dos plans.

As organizacións interesadas en solicitar as axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publica o DOG. A presentación das solicitudes, para a que hai un prazo dun mes a contar desde este xoves 24 de agosto, realizarase por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal.).

Axudas á creación

A Consellería engade que a estas achegas sumarase nos vindeiros días a convocatoria de apoios á creación de OPP e de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros (AOP) para o ano 2023 cun orzamento de 200.000 euros. Estas axudas, que sairán publicadas tamén no DOG, están dirixidas a aquelas entidades que se creasen hai menos de cinco anos co obxectivo de apoialas no seu nacemento, impulsar a súa actividade e facelas competitivas.

Delas poderán beneficiarse as OPP e AOP recoñecidas como tales na comunidade despois do 1 de xaneiro de 2014, que estean inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no de asociacións destas entidades e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación destas organizacións profesionais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...