Este venres 18 de agosto a Comunidade de Montes de Baroña organiza un obradoiro de escultura en barro. A actividade será impartira polo escultor catalán Samuel Salcedo. Desenvolverase na Casa Forestal de Baroña, xunto ao Campo de Fútbol Municipal. Para máis información sobre as inscricións e os obxectivos do obradoiro cómpre chamar ao 679 156 855. Haberá dúas sesións: unha infantil que dá comezo ás 17.00 horas (até as 18.30) e outra para persoas adultas a partir das 19.00 (até as 21.00).




