Detido un home como presunto autor de 14 roubos en praias, vehículos e locais de hostalería de Boiro e Rianxo

20 Agosto 2023

Un veciño de Boiro foi detido pola Garda Civil por presuntamente roubar o interior dun vehículo e cometer 13 furtos en praias e establecementos de hostalería do seu municipio e de Rianxo. Os delitos producíronse en xullo e agosto deste ano producindo, segundo describen desde o Instituto Armado “unha gran alarma social”.

O acusado está a ser investigado por aparentemente subtraer obxectos persoais como chaves de coches e de apartamentos, entre outras cuestións, aos usuarios das praias. A maioría dos afectados non residían en Galicia polo que os furtos supuxéronlles “grandes trastornos”. Durante a investigación a Garda Civil habería pescudado que o home realizaba furtos “ao descoido” facéndose cos bolsos dos bañistas mentres estaban na auga.

A maiores das súas actuacións no areal, o investigado tamén roubou no interior dun vehículo en Boiro. Unha operación que lle supuxo un ingreso de 1.500 euros, aos que deben sumarse os 54 das praias do municipio. Entre as pertenzas roubadas había cinco teléfonos e chaves de vehículos e vivendas.

O home, que estaba a ser investigado pola Garda Civil, chegou a ser pillado in fraganti. O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira, decretando a Autoridade Xudicial o seu ingreso en Centro Penal sen fianza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.