“De Trevonzos á Eternidade: Borobó e o seu adeus de 20 anos” – Antón Luaces

22 Agosto 2023

Como se o feito de escribir fora un bradar necesario, aprendido dos seus tempos de artilleiro na incivil (como se houbera algunha delas civil) guerra española de 1936, Raimundo García Domínguez (“Borobó”) máis que escribir, en ocasións disparaba e as súas andanadas superaban con  moito o alcance inicialmente previsto mesmo polo autor.

Político convencido, a guerra española colleuno cando asistía a un curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Santander cando xa estaba cheo de traballar en “Izquierda Republicana” para, da man de Xoan Xesús González, pasar a formar parte de “Vanguardia de Izquierda Republicana”.  De Cantabria pasou a Madrid, onde como artilleiro participou na defensa da capital española e, como  uxetista,  a colaborar en “Estímulo”, voceiro das unidades artilleiras  nas que “Borobó” se integraba. Cando a guerra esmorecía, afiliouse ao PSOE, partido para o que fixo diversas colaboracións clandestinas. De volta a Madrid, reanudou en “Finisterre” o seu labor xornalístico ampliado, entre 1944 e 1946, a “Finisterre”, “El Español”, “La Estafeta Literaria” e “Madrid”.  

Nacido en Pontecesures en xullo de 1916, “Borobó” elixiu vivir no Barbanza, concretamente no concello de Boiro, para finar en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003.

Ao igual que moitos outros mozos da súa xeración, tivo que cumprir coa obriga de facer o Servizo Militar. Foi destinado a Marrocos, despois de ter pasado por distintos campos de concentración (os de Carabanchel e Alcalá de Henares, onde foi a consello de guerra, quedando libre e sen  cargos, xunto con Celso García de la Riega).

Borobó foi detido novamente e ingresou no Batallón de Traballadores, onde prestou servizo como albanel. Pasa posteriormente ao cárcere de Porlier, no madrileño barrio de Salamanca, onde se amoreaban 4.000 detidos. Queda libre ao cabo duns meses. Retornou a Cesures en 1940, o día de San Antonio, e un mes máis tarde mandárono a Larache (Marrocos), como a se indicaba anteriormente. En Larache debeu estar durante dous anos e medio , ata outubro de 1942,  para facer o servizo militar. 

En definitiva, tres anos de guerra, case que un de cárcere e dous anos e medio máis de servizo militar en África, marcan a vida de quen foi un dos mellores xornalistas galegos. Todo,  por non ter comungado cos postulados dos golpistas de 1936.  

A dirección do xornal “La Noche” permitiu o reencontro de Borobó con Galicia a través dos seus populares “Anacos”. Foi no ano 1946. Como director foi quen de conformar unha redacción que deu un marchamo fondamente galeguista a “La Noche”, cunha xeración de novos escritores que deixaron fonda pegada no xornalismo galego e español.

Posteriormente (ano 1960) dirixiu El Correo Gallego e escribiu boa parte das súas publicacións non  propiamente xornalísticas, o que compaxina coa función propia de quen é Cronista oficial de Santiago de Compostela. De aquí retorna a Madrid, onde traballa ata a súa xubilación na Axencia de Noticias EFE. 

Desvinculado do xornalismo activo, Borobó comeza unha nova vida na aldea boirense de Trevonzos (parroquia de Cespón), onde residiu ata o seu pasamento na capital de Galicia.

Borobó deixa unha nidia pegada de xornalista comprometido con  Galicia tanto desde o eido cultura coma político, motivo polo que se lle outorgou a Medalla Castelao.  

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.