“COVID”- Xulio Xiz

23 Agosto 2023

En tempos, inverno era sinónimo de gripe, que indefectible nos visitaba cada ano, dando lugar a desigual combate no que as armas utilizadas podían ser produtos farmacéuticos ou fórmulas maxistrais presuntamente infalibles. A ciencia recomendaba unha que outra aspirina, pero a tradición permitía licencias coma o lingotazo moi quente de leite con coñac para facer suar ao enfermo, o que ao parecer ten a súa razón física e funcionaba coma se o propio Fierabrás o preparase.

Sentenciosamente, os que sabían do tema confesaban que se un non lle facía caso a unha gripe e se botaba a durmir, íalle durar sete días, e aplicándolle todos os remedios do mundo a cousa quedaba nunha semana.

Agora que por vacinarnos puntualmente xa non hai gripes, visítanos o señor COVID para revisar a agudeza das nosas defensas, sen facer caso ás previsións sanitarias. E se a primeira vez liquidei con tres ou catro días de gripazo, esta segunda, augusta, esixiume unha semana, os sete días exactos que para a gripe marca a tradición.

Auga, Paracetamol e repouso é o que recomendan os que entenden, e a eses excesos me entreguei estes días, resignándome ao irremediable, sentindo invadido por un enxame o recanto que habitualmente debo usar para vivir, deixándome inútil para toda utilidade.

Non sei se “o bicho” me veu polo vento e se foi polo aire, pois son o único da familia que o padeceu, e ninguén se contaxiou do meu mal, o que pode significar que son un elixido dos deuses do contaxio. Proba superada. O que lamento é que coas limitacións de réxime de funcionamento que agora teño non poida ensaiar novas loitas contra o Covid tendo a experiencia do entrañable lingotazo.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.