Comezou unha nova edición do Jazz Noia

11 Agosto 2023

Noia vai ser a capital galega do jazz esta fin de semana. O motivo non é outro que a celebración dunha nova convocatoria do seu festival Jazz Noia, que comezou onte e que prosegue até o sábado 12 de agosto. O cartel, realizado por José Luis Veiras Manteiga e presentado polo concelleiro de cultura, José Pérez e o director artístico, Kin García, desenvólvese integramente na praza da Constitución a partir das 21:30 horas, contando cun feixe de artistas de prestixio nacional e internacional.

O programa incluirá tamén unha clase maxistral de improvisación no Coliseo Noela. Será o sábado ás 12:30 horas impartida por Antonio Serrano.

Programación

Xoves 10. Sumrrá e Gabi Triana Cuarteto

Venres 11. Iago Fernández Sexteto e Jesús Bachiller Sexteto

Sábado 12. Antonio Serrano + Kin García Trío (homenaxe a Toots Thielemans) e Fredoom (homenaxe a Aretha Franklin)

Sábado 12. 12:30. Teatro Coliseo Noela. Clase maxistral de Antonio Serrano

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.