Boiro mergullase na fin de semana na cultura castrexa

10 Agosto 2023

Boiro celebra os días 11, 12 e 13 de agosto un mercado castrexo que estará instalado na rúa peonil de Boiro con postos de artesanía e alimentación, xogos tradicionais e animación de rúa. O mercado estará
aberto o venres dende as 18.00 horas e ata o domingo ás 24.00 horas.
Dende o venres instalaranse na rúa peonil de Boiro os postos de artesanía e alimentación que forman o mercado que busca difundir a cultura galaica-castrexa con actividades lúdicas. Durante a fin e semana
haberá obradoiros de actividades, talleres e xogos así como desfiles e animación musical nas rúas.
PROGRAMA:
Venres 11 de agosto
18.00h – apertura do Mercado Castrexo, apertura da zona de animación e
postos.
24.00h – peche do mercado
Sábado 12 de agosto
11.00h – apertura do Mercado Castrexo, a Eira dos Nenos (de 11 a 15 horas
e de 18 a 22.30 horas), zona de alimentación e inauguración do
campamento castrexo “A castronela”
11.30h – comezo dos obradoiros
12.30h – pasarrúas de música celta co grupo Arribamonte
12.30h – o carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
chega ao mercado para apresar e transportar aos nenos.
15.00h – peche do mercado
18.00h – apertura do mercado
18.15h – apertura dos obradoiros
19.00h – pasarrúas de música celta co grupo Arribamonte
19.30h – o carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
chega ao mercado para apresar e transportar aos nenos.
20.00h – desfile das Hordas Castrexas
20.30h – loitas das Hordas Castrexas
21.00h – pasarrúas de música celta co grupo Arribamonte
21.30h – o carro dos Soldados de Morrigan e da Deusa Celta da guerra
chega ao mercado para apresar e transportar aos nenos.
23.00h – pasarrúas de música celta co grupo Arribamonte
24.00h – peche do mercado
Domingo 13 de agosto
11.00h – apertura do Mercado Castrexo, a Eira dos Nenos (de 11 a 15 horas
e de 18 a 22.30 horas), zona de alimentación e inauguración do
campamento castrexo “A castronela”
12.00h – comezo dos obradoiros

12.15h – pasarrúas musical Didyma Folk
12.30h – desfile das Hordas Castrexas
13.00h – loitas das Hordas Castrexas
14.00h – pasarrúas musical Didyma Folk
14.30h – desfile das Hordas Castrexas
15.00h – peche do mercado
18.00h – apertura do mercado
19.00h – pasarrúas musical Didyma Folk
20.30h – desfile das Hordas Castrexas
21.00h – pasarrúas musical Didyma Folk
23.00h – pasarrúas musical Didyma Folk
24.00h – peche do mercado

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...