Boiro acolle o vindeiro domingo o Campionato Galego de Barco Dragón

23 Agosto 2023


O Concello de Boiro colabora no Campionato Galego de Barco Dragón que organiza do Club de Piragüismo Rias Baixas e terá lugar o vindeiro domingo 27 de agosto. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, e o presidente do Club, Sergio Pérez, fixeron a presentación da proba.
A proba, que terá lugar o domingo na praia de Barraña, forma parte do calendario da Federación Galega de Piragüismo e está aberta a todos os clubs galegos e do resto de España que conten coa modalidade de barco dragón. “No Concello estamos moi contentos de poder dar cabida a unha proba deportiva desta nova modalidade no piragüismo e coa que o noso club está xa colleitando éxitos”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, quen convidou á veciñanza a presenciar esta “proba moi vistosa pola particularidade das embarcacións”.
A proba consta de varias categorías que van dende infantil ata senior, e o campo será de 2.000 metros con dúas ciabogas cada 500 metros agás o da categoría Promesa que será de 1.000 metros para os padexeiros de categoría infantil e cadete e que non será puntuable. “É o primeiro campionato galego que se fai nesta modalidade e van participar 300 deportistas de 6 clubs distintos”, afirmou o presidente do Club, Sergio Pérez.
A primeira das saídas está prevista para as 9.30 horas e a competición prolongarase ata as 14.30 horas cando se faga a entrega de premios na zona das Colonias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.