Barahúnda Sinfónica, Concerto dos Aniversarios. Este sábado en Rianxo

09 Agosto 2023

Trátase dun concerto moi especial organizado conxuntamente polo Concello de Rianxo e ambas formacións, co que se quere conmemorar o XXV aniversario do grupo Barahúnda e os XX anos da creación da Banda da Escola de Música de Rianxo. O concerto enmárcase no XVIII Ciclo de Bandas – Concello de Rianxo.
Hai algo mais de una ano xurdiu a proposta por parte da Banda Escola de Música de Rianxo de facer un concerto conxunto con Barahúnda interpretando repertorio destes últimos, con arranxos para Banda Sinfónica a cargo do compositor rianxeiro Antón Alcalde. A idea era realizar un concerto dentro da programación do Verán e no marco das propostas conmemorativas do 20 aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo e os 25 anos da fundación do grupo Barahúnda.
Este vindeiro sábado 12 de agosto ás 22h, na rianxeira Praza de Castelao, este proxecto conxunto vai ver a luz, por vez primeira, co título: “Barahúnda Sinfónica, Concerto dos Aniversarios”.
A formación de Barahúnda: Helena de Alfonso, voz; Jose Lara Gruñeiro, guitarras e voces e Txema Mawenya na percusión interpretarán as súas cancións (un repertorio de 10 pezas especialmente escollidas para a ocasión e baixo os arranxos de Antón Alcalde), acompañados por uns 55 músicos da Banda Escola de Música de Rianxo dirixida por Rafael Collazo, nunha unión que non suma, senón que multiplica sensacións e emocións.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...