Atropelo en Ribeira

07 Agosto 2023

Onte, ao fío das 23:45 horas, un varón foi trasladado ao Hospital do Barbanza despois de ser alcanzado por un camión na Rúa Canarias, próximo ao mercado municipal, no concello coruñés de Ribeira.

Foi un particular quen chamou ao 112 para solicitar axuda para o ferido, que foi alcanzado polo vehículo de transporte cando estaba na beirarrúa. Como consecuencia do impacto, o home sufriu un golpe forte na cabeza e parecía necesitar asistencia sanitaria urxente.

Así, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira, dos membros do GAEM de Ribeira e tamén dos axentes da Policía Local.

Foi necesaria a coordinación entre os distintos equipos de emerxencia para inmobilizar ao ferido e trasladado en seguridade ata a ambulancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.