O Concello de Rianxo compartiu con veciños e visitantes un novo servizo que lles vai facilitar ao máximo o acceso á axenda cultural, social e festiva do termo municipal. En concreto, habilitouse unha listaxe de difusión en WhatsApp para achegar ao dispositivos da cidadanía información detallada e actualizada das actividades e dos eventos que se celebran no concello. O único requisito é que mandemos unha mensaxe coa palabra “ALTA” ao número 698 168 676. Cada martes recibiremos a axenda coas citas previstas para os vindeiros días no concello rianxeiro.




