A gran promesa galega dos malabares, Fran Boza, estará este xoves en Cabo de Cruz

23 Agosto 2023

Este xoves 24 de agosto a capela do Carme do Cabo de Cruz vai acoller un espectáculo clown para a rapazada, a partir das 20.30 horas. Trátase de Malabaridades, un show de malabares e acrobacias de Fran Boza para público infantil e familiar. Organizan o Concello de Boiro a Deputación da Coruña.

Fran Boza é unha das grandes promesas do panorama galego clown e circense. Bolas, mazas, rulo… Ningunha técnica se lle resiste a este portento do circo clásico e os malabares. E fáinolo saber en Malabaridades, un espectáculo que mestura as rutinas de circo coa dose precisa de humor. Fran enfróntase a un espectáculo dunha alta esixencia técnica no que deixará máis dunha boca aberta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.